InicioEconomíaA Deputación de Lugo aproba por unanimidade o seu Plan Único de...

A Deputación de Lugo aproba por unanimidade o seu Plan Único de investimentos nos concellos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Plan Único, que reparte investimentos nos 67 concellos da provincia, foi aprobado este martes pola unanimidade do pleno da Deputación de Lugo, o último antes das eleccións municipais do próximo 26 de maio.

Así, todos os grupos deron o seu apoio ao plan, aínda que con matices no caso do PP, e sen facer uso de ningunha das dúas quendas de intervención no do deputado non adscrito, Manuel Martínez.

O plan está dotado con 24,5 millóns de euros e, na súa exposición, o vicepresidente provincial, Argelio Fernández, afirmou que “dá resposta ás necesidades de todos os veciños en canto a infraestruturas, emprego e servizos sociais”.

Fernández presumiu de que levarán “investimentos a 300.000 veciños dos 67 concellos, por un valor de 24,5 millóns de euros”, cos que se impulsarán as prestacións públicas, os servizos sociais e o emprego, á vez que se “reactivará a economía” provincial.

O portavoz do BNG, Xosé Ferreiro, asegurou que este plan “é do único salvable deste mandato desta institución”. “O que non imos facer coa aprobación do Plan Único, xa que estamos en época electoral, é utilizalo como unha arma arreboladiza”, advertiu.

Pola súa banda, a portavoz dos populares, Elena Candia, que dixo apoiar a iniciativa, recriminou que tanto o presidente da deputación, Darío Campos, como o portavoz socialista, Álvaro Santos, “perderon unha ocasión para pedir desculpas publicamente polo que aconteceu na última sesión plenaria”, un pleno, o do mes pasado, que concluía entre insultos por parte do deputado non adscrito, Manuel Martínez, e do alcalde de Pol e membro do grupo socialista, Liño Rodríguez.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...