InicioEconomíaA Confederación de Empresarios de Lugo considera "precipitado" e "pouco concreto" o...

A Confederación de Empresarios de Lugo considera “precipitado” e “pouco concreto” o proceso de control horario

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Lourdes Pardo, cualificou de “precipitado” e de “pouco concreto” o control de horarios nas empresas, decretado polo Goberno central desde o pasado domingo.

Foi demasiado precipitado e moi pouco concreto, e, de feito, onte o ministerio ditou pola tarde, ás carreiras e correndo, unha serie de recomendacións, porque a avalancha e as dúbidas xeradas entre o empresariado eran tremendas”, dixo a secretaria.

En canto ás empresas de Lugo, Lourdes Pardo constatou que a aplicación se está producindo “con grandes dúbidas”. “Estamos todo o día resolvendo dúbidas, estamos todo o día resolvendo consultas sobre que pasa cos traballadores desprazados, cos traballadores de reparación de electrodomésticos en domicilios, os transportistas, os taxistas, é que está a xerar unha chea de dúbidas”, resumiu.

A confederación, dixo, asinou un convenio cunha empresa que, consideran, facilitará “o poder fichar a través de ordenadores, de móbiles”, pero “hai moitas empresas que non poden facelo así e fano en papel para cumprir as súas obrigacións”, matizou.

Lourdes Pardo confesa que isto “foi unha tolemia”. “A min cónstame que todo o mundo este luns, da forma que fose, implantouno con papel e xerouse moita inquietude polas dúbidas que expón. Onte ditouse unha circular de seis páxinas para aclarar un precepto do estatuto dos traballadores dun só parágrafo. Iso non parece que sexa moi serio”, afeou.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...