As vacas, negocio público en Castro de Rei

Este martes estréase o primeiro centro de recría público de gando vacún de leite en España, proxectado pola Deputación – Construído con 12 millóns de euros, revertirá na provincia uns beneficios anuais de 3 millóns e aumentará o valor de mercado dos animais

Darío Campos, presidente da Deputación, durante a inauguración do centro de recría provincial de Castro de Rei | Deputación de Lugo
Darío Campos, presidente da Deputación, durante a inauguración do centro de recría provincial de Castro de Rei | Deputación de Lugo

O Centro de Recría da Deputación abre este martes coa entrada das primeiras 50 novillas de gandeiros da provincia de Lugo. Trátase do primeiro centro de recría público de gando vacún de leite que existe en España, pois foi construído en solitario polo goberno provincial con 12 millóns de euros. As instalacións están situadas en terreos da Deputación na Granxa Gayoso Castro, no Concello de Castro de Rei.

A a súa xestión é de control público por parte da Deputación e coa colaboración de reputados expertos da Universidade de Santiago de Compostela. Tralo proceso de concorrencia competitiva resultou adxudicataria Recría Castro S.L., participada pola cooperativa galega Seragro, da que forman parte 1.500 gandeiros, a metade deles lucenses. A empresa, que ten sede en Cospeito, deberá cumprir os pregos e un regulamento en defensa dos dereitos. 

Na actualidade existen outros catro centros de recría en España: tres privados en Mazaricos (A Coruña), Pantón (Lugo) e Mallén (Zaragoza), e outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero de xestión privada, pois foi cedido a unha empresa e a administración vasca desvinculouse do seu funcionamento.

O Centro de Recría da Deputación pode acoller a 3.000 novillas, duplicando a capacidade de recría que existe hoxe en Galicia. O prezo da recría é de 2,39 euros ao día,  tarifa que a diferenza dos centros privados inclúe custos de transporte, tratamentos de fertilidade, alimentación, control sanitario, ou revisións veterinarias. Con este prezo os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar os seus animais a centros fóra de Galicia. Teñen prioridade de acceso os gandeiros da provincia e logo os do resto da Comunidade Autónoma.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, recibe a ACRUGA | Deputación de Lugo

Cando o as instalacións de Castro de Rei estean a pleno rendemento (en dous anos poderá acoller o máximo de novillas) será capaz de xerar uns beneficios anuais de 3 millóns de euros na provincia, atendendo só á contratación de bens e servizos para o funcionamento do centro. A isto hai que engadir o aumento do valor no mercado dos animais recriados, pois serán mellorados xenéticamente. A actividade no centro xerará 10 novos empregos directos, ao tempo que contribuirá a manter ducias de postos de traballos ao colaborar con profesionais vinculados ao sector.

axuda de 172.000 euros para a recría 

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu este luns aos membros da nova directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galela (ACRUGA). Deputación e ACRUGA manteñen un convenio mediante o cal o executivo provincial concédelle unha axuda de 172.000 euros para a recría de exemplares na Granxa Gayoso Castro, mellorándoos xenéticamente para a súa comercialización e promoción. Durante o encontro os representantes aproveitaron para explicarlle proxectos futuros ao Presidente como o estudio da xenómica da raza rubia galega ou precisar o sexo no seme de touro destinado unicamente para a produción de femias, entre outras medidas.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here