InicioEconomíaA Cámara pide avanzar no desdobramento do corredor entre Lugo e Monforte

A Cámara pide avanzar no desdobramento do corredor entre Lugo e Monforte

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento galego aprobou este mércores unha iniciativa do PPdeG –tras unha transacción con emendas do PSdeG e BNG– para instar á Xunta a que este ano inicie a contratación de proxectos construtivos e de impacto ambiental no tramo A Pobra de San Xiao-Nadela, co fin de avanzar no desdobramento de todo o corredor Lugo-Monforte para convertelo en autovía.

Aínda que a votación produciuse este mércores, o debate no pleno do Parlamento desta proposta tivo lugar o martes. Así, a deputada popular Julia Rodríguez remarcou que “é necesario seguir avanzando” na mellora da conectividade no sur de Lugo, polo que esta proposta busca “materializar canto antes” este tramo.

Neste sentido, a deputada popular lembra que o Goberno galego xa adxudicou a redacción do proxecto no tramo de 11,5 quilómetros entre Sarria e a saída de Páramo-A Pobra de San Xiao, polo que cre necesario avanzar no desdobramento no resto do trazado entre Nadela e Sarria.

Pola súa banda, a deputada Olalla Rodil (BNG) lamentou que esta iniciativa “chega tarde”, mentres Luís Álvarez (PSdeG) emprazou a desdobrar por completo o corredor entre Lugo e Monforte e “non a trocitos”.

Marcos Cal (En Marea) defendeu unha emenda do seu grupo para reverter os recortes en materia de infraestruturas por parte da Xunta, dado que actualmente Galicia conta co mesmo PIB que “ante da crise”, pero cun 40 por cento menos de investimento nesta área. Con todo, os populares non aceptaron esta petición.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...