InicioDeportesAlberto Monteagudo: "Gañarlles sería deixarlles fóra da pelexa"

Alberto Monteagudo: “Gañarlles sería deixarlles fóra da pelexa”

O primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo só conta cun pivote puro para este domingo en Córdoba, Giorgi Aburjania, polo que respondeu que van "tirar seguramente do filial".e, de feito, o canteirán Álex Rey foi convocado na pasada xornada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Monteagudo, primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo, afirmou que se gañan ao Córdoba C.F. este domingo 14 de abril ás 18 horas no estadio Nuevo Arcángel de Córdoba ás 18 horas “sería deixar fóra da pelexa” aos cordobeses. Adiantou que “a xente vai apretar”, “é a súa oportunidade”, “vai tentar axudar ao equipo”, “aínda que están un pouco de unllas polo partido de Elche” e, porén, deben “ensinar os dentes e que a xente póidaselles volver un pouco en contrar”. “Sei que a xente alí non está leda”, adiantou. Comentou que “o equipo está ben e o domingo amosouno”. En canto ao rival, teñen que “insistir na súa última liña, que é onde máis dificultades está a ter esta tempada”, referíndose á defensa cordobesista.

Carlos Pita e Fernando Seoane son baixas por lesión, mentres que Sergio Gil por sanción. Sobre Pita, contestou que é unha baixa de “curto prazo” e “está correndo”. Tamén confirmou a baixa do mediapunta Antonio Campillo. Alberto Monteagudo só conta cun pivote puro para este domingo en Córdoba, Giorgi Aburjania, polo que respondeu que van “tirar seguramente do filial”. De feito, o canteirán Álex Rey foi convocado na pasada xornada.

Contestou sobre o lateral esquerdo ucraíno Orest Lebedenko, fichado en xaneiro e que aínda non debutou: “Orest está ben. Costoulle un pouco ao comezo. É un xogador que precisa o seu tempo, a categoría, o fútbol español. En Ucraína xogou moito en liña de cinco no seu país, non el só, cun central que lle gardaba as espaldas. Cada día está mellor”.

 

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...