Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, confirmou a baixa do aleiro Sergi Vidal polo resto de tempada por lesión. O primeiro técnico breoganista afirmou que están “moi tristes” pola situación e explicou que o aleiro catalán estaba “a moi bo nivel”.
Por outra banda, adiantou que “todo o equipo adestrou ben” e aclarou que “Salva Arco e Sasha (Aleksandar Cvetković)”, baixas na pasada xornada, “están”. Tamén contestou que “Tadija (Dragićević) estase incorporando, progresa moi bien, está muy ledo, pero precisa tempo”.
Tito Díaz loubou que “Estudiantes ten moitas vías de anotación”. “Nos partidos que gaña na súa pista, anota moito, e nos que perde encaixa moito”, resumiu. “Gústame xogar en ambientes así e moitos dos meus xogadores tamén”. “Imos afrontar oito finais e o domingo é a primeira”, adiantou. “Esperamos que o Wizink Center sexa un pouco de Lugo”, comentou.