InicioDeportesTito Díaz confirma a baixa de Sergi Vidal para o resto de...

Tito Díaz confirma a baixa de Sergi Vidal para o resto de tempada

O primeiro adestrador breoganista aclarou que "Salva Arco e Sasha (Aleksandar Cvetković)", baixas na pasada xornada, "están"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, confirmou a baixa do aleiro Sergi Vidal polo resto de tempada por lesión. O primeiro técnico breoganista afirmou que están “moi tristes” pola situación e explicou que o aleiro catalán estaba “a moi bo nivel”.

Por outra banda, adiantou que “todo o equipo adestrou ben” e aclarou que “Salva Arco e Sasha (Aleksandar Cvetković)”, baixas na pasada xornada, “están”. Tamén contestou que “Tadija (Dragićević) estase incorporando, progresa moi bien, está muy ledo, pero precisa tempo”.

Tito Díaz loubou que “Estudiantes ten moitas vías de anotación”. “Nos partidos que gaña na súa pista, anota moito, e nos que perde encaixa moito”, resumiu. “Gústame xogar en ambientes así e moitos dos meus xogadores tamén”. “Imos afrontar oito finais e o domingo é a primeira”, adiantou. “Esperamos que o Wizink Center sexa un pouco de Lugo”, comentou.

 

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...