InicioDeportesUn Lugo de máis a menos empata en Alcorcón (0-0)

Un Lugo de máis a menos empata en Alcorcón (0-0)

Os lucenses aumentan a tres puntos a diferenza a favor sobre o descenso, aínda que o Alcorcón foi superior na segunda metade e, incluso, o local Esteban Burgos errou un penalti no minuto 88

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou na súa visita á Agrupación Deportiva Alcorcón (0-0) na trixésimo segunda xornada de LaLiga 1|2|3.

O Lugo xogou coa novidade de “Josete” Malagón coma pivote posicional ante as baixas de Carlos Pita e Fernando Seoane. Xunto a “Josete”, Giorgi Aburjania e Sergio Gil, hoxe capitán, coma escudeiros. Eduard Campabadal, de volta despois de cumprir sanción, foi novamente titular e Gerard Valentín quedou fóra da convocatoria.

Os lucenses comezaron o partido con personalidade, xogando en campo contrario e presionando alto. Así a todo, sen ocasións claras. No minuto 20, iso si, o Lugo xerou a primeira ocasión cun disparo dende fóra da área de Sergio Gil que desviou sen blocar o partido local Dani Jiménez. Nesa mesma xogada, Aly Abeid non pechou, Tete Morente impúxose na disputa, pero non finalizou con acerto. Minutos despois, o Alcorcón contestou cun centro dende banda esquerda que rematou Juan Muñoz, pero Juan Carlos Martín, porteiro do Lugo, parou de xeito sobresaínte. Dende aí, dominio alterno con melloría clara do Alcorcón, pero sen tampouco profundidade.

Na segunda metade, o Lugo comezou con intencións positivas. Así, no minuto 50, José Carlos Lazo recuperou un balón ante Eddy Silvestre, conduciu e o seu disparo de zurda marchou fóra. Lazo foi perdendo ángulo de tiro na condución. Pero, dende aí, melloría clara do Alcorcón, que foi moi superior. No minuto 59, Jaime Gavilán, dende banda dereita, recurtou, asistiu cara atrás e o disparo de Marco Sangalli marchou fóra despois de ser desviado pola cobertura lucense. Dous minutos despois, pase filtrado do propio Sangalli cara Juan Muñoz, cuxo golpeo potente e colocado foi desviado por Juan Carlos Martín. Seguía cargando o Alcorcón. No minuto 65, ocasión clara local cun zurdazo ao pau do central local David Fernández despois dunha indecisión do Lugo en fase defensiva. O Lugo só inquedou dende entón cunha xogada individual de Tete Morente, xa en banda esquerda coa entrada de Iriome por Lazo. Morente realizou un caño en banda, trazou diagonal e o seu golpeo dende a lúa da área grande foi excesivamente alto. No minuto 76, perigo novamente dos madrileños cun centro de Casadesús que non puido finalizar Juan Muñoz. E, no 80, nova clara opción local cun man a man que Juan Carlos Martín desviou pechando rápido o espazo ante Richard Boateng despois dun fenomenal pase filtrado de Víctor Casadesús. O Alcorcón buscou o gol até o final. No minuto 88, Iriome González cometeu mans dentro da área propia. Penalti. O golpeo dende os once metros de Esteban Burgos marchou moi alto.

O Club Deportivo Lugo é decimoitavo con 33 puntos, 3 de marxe sobre o descenso.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...