Antonio Campillo non viaxa a Alcorcón por molestias

Eduard Campabadal volve a unha citación despois de cumprir sanción

Antonio Campillo. Foto de laliga.es

O mediapunta Antonio Campillo é baixa de última hora para a visita de Club Deportivo Lugo a Alcorcón por mor de molestias no xeonllo esquerdo. Os lucenses viaxan con 19 futbolistas. Carlos Pita é ausencia por sanción ao cumprir segundo ciclo de tarxetas amarelas, así coma Fernando Seoane e Serge Leuko por lesión, mentres que Orest Lebedenko non forma parte da lista ao non regresar aínda da convocatoria da selección de Ucraína sub 21.

Eduard Campabadal, pola súa parte, volve a unha citación despois de cumprir sanción.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here