InicioDeportesTito Díaz loubou aos seus xogadores: "Están moi implicados"

Tito Díaz loubou aos seus xogadores: “Están moi implicados”

O novo primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán adiantou que que Henk Norel estará na convocatoria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tito Díaz, novo primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, estrearase nesta segunda etapa no banquillo breoganista este domingo ás 12:30 horas contra Montakit Fuenlabrada.

O técnico lucense adiantou que terán que “manter moitas cousas que se facían”, “tentando adaptar” o seu baloncesto e que o estilo propio de Tito Díaz “sume” porque “varía un pouquiño” con respecto ao anterior. Loubou aos seus xogadores porque “a predisposición é moi boa”, “están a traballar moi ben” e “están moi implicados”.

Analizou que Montakit Fuenlabrada “fai un baloncesto moi dinámico, con Jota Cuspinera aumentaron o número posesións”, “xoga moito en transicións”, “moi verticais ao aro”, “con moi bo xogo exterior”, “xeran situacións abertas” e os breoganistas terán que “partir da defensa”.

Tito Díaz explicou que teñen “o efecto xogadores, que queren reivindicarse, unido ao efecto Pazo”. Explicou que “é a mellor afección” que poden ter. “Somos nós os que temos que tirar da afección”, lembrou. “Estamos en débeda coa afección”, engadiu.

En canto a Henk Norel, contestou que “comezou a adestrar co equipo, o seu proceso vai lento, pero vai”. Adiantou que “vai estar” con eles no partido e “imos ver” se “pode axudar”, polo que estará na convocatoria.

Tito Díaz dixo que está “encantado” cos veteráns, que “son os que máis están a aportar”, así como calificou de “moi importantes” a Lucio Redivo e Aleksandar Cvetković.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....