InicioDeportesNatxo Lezkano: "Aquí teñen en mín un breoganista máis"

Natxo Lezkano: “Aquí teñen en mín un breoganista máis”

O xa ex primeiro adestrador do Breogán agradeceu "a todo o mundo as mostras de agarimo e de afecto", reivindicou a mellora do club en "estrutura e medios para xogadores e adestradores" durante a súa etapa e loubou aos breoganistas porque foi "unha gozada" adestrar no Pazo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, xa ex primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa para despedirse despois do cese comunicado oficialmente esta mañá e trasladado ao propio Lezkano onte á noite, segundo confirmou o adestrador vasco.

Lezkano quixo “agradecer a todo o mundo” e recoñeceu sentirse “abrumado por tódalas mostras de afecto e agarimo”. Lembrou que desfrutou “moitísimo” e leva consigo “experiencias moi boas nun club grande, coma é o Breogán”. Tivo verbas de “agradecemento aos breoganistas” porque sentiuse “moi feliz na pista” e “foi unha gozada” adestrar no Pazo. “Aquí teñen un breoganista máis”, rematou na súa primeira intervención.

“Voume coa seguridade de que este club está moito mellor de cando cheguei a nivel de estrutura, de medios para xogadores e adestradores”, explicou, polo que “é un obxectivo cumprido” do que se sinte “moi satisfeito”. “Pido para o club, non para mín”, lembrou.

“Moita xente, incluso xente que non teño na axenda, escribiume para darme as grazas”, desvelou. Explicou que isto “é unha satisfacción”. “Chocoume”, recoñeceu. Declarou que “Lugo portouse moi ben” e é unha cidade que lle “gusta moito”.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...