Gerard Valentín e “Josete” Malagón non entran na lista para viaxar a Cádiz

O lateral dereito é baixa por decisión técnica e o central por molestias na zona abdominal

Gerard Valentín pousa na súa presentación coma novo xogador do Club Deportivo Lugo. Foto de cdlugo.com

O lateral dereito Gerard Valentín e o central “Josete” Malagón non viaxan a Cádiz por decisión técnica e molestias abdominais, respectivamente. O Club Deportivo Lugo convocou a 19 xogadores, polo que o corpo técnico deberá realizar un descarte antes do partido. O lateral dereito Serge Leuko e o mediocentro Fernando Seoane son ausencias por lesión.

En cambio, o lateral dereito Eduard Campabadal, o mediocentro Sergio Gil e o mediapunta Antonio Campillo son novidades.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here