Serge Leuko califica de “notable” a tempada do Lugo

Serge Leuko afirmou que queren “acabar a liga con boas sensacións, sempre cunha vitoria, xogando ben”. O Club Deportivo Lugo recibe este sábado á U.D. Almería no estadio Anxo Carro a partir das 20:30 horas na última xornada de liga. Leuko explicou que os afeccionados “merécense que o equipo se vaia de vacacións cun bo fútbol, que a xente que veña o sábado pase unha boa tarde, que gocen do último partido de liga e váianse contentos á súa casa”.

Reflexionou que na tempada houbo “moitos momentos bos e tamén malos”, pero foi “boa” e “notable” cun “primeiro tramo de liga moi bo, con moitos partidos gañados” e unha “segunda parte máis complicada”.

Comentou que o Almería é “un equipo que vén ferido, a tentar non baixar”.

Amigable con Camerún

O internacional camerunés, que xogou dez minutos no amistoso de Camerún contra Burkina Faso o pasado domingo en París, explicou que “sempre é un privilexio vestir as cores da camiseta” da súa selección, polo que está “moi feliz, moi contento”. “A miña familia, os meus pais están moi orgullosos”, comentou. “O club transmitiume que é para eles un orgullo que represente ao Lugo a nivel internacional”, engadiu.

En canto ao seu futuro, respostou que está “feliz” e “moi contento”, así como séntese “identificado co club”. “Gustaríame seguir”, resumiu. Ten contrato co club lucense ata 2020.

Competencia

A nivel individual, respondeu que está “moi contento” e permitiulle consolidarse coma “xogador de Segunda”, cun “comezo un pouco difícil coa chamada da selección e logo pois un primeiro tramo de Edu Campabadal, que estivo brillante, estivo espectacular”, polo que “tocaba esperar”. Engadiu que, coa chegada de Álvaro Lemos en xaneiro, “o nivel de competencia era moi bo, san”.

Foto de laliga.es

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here