O Real Zaragoza remontou en Lugo (1-2)

Os lucenses adiantáronse cun gol de penalti de Carlos Pita, o seu sétimo nesta temporada, pero os zaragocistas remontaron con tantos de Miguel Linares e Alberto Guitián

Despexe de Cristian Álvarez, porteiro do Real Zaragoza. Foto de laliga.es

O Real Zaragoza remontou en Lugo (1-2) despois de que o Club Deportivo Lugo se adiantara cun gol de penalti, o sétimo tanto de Carlos Pita, máxima cifra de goles nunha tempada ao longo da súa carreira.

O Real Zaragoza dominou o primeiro cuarto de hora a través do balón e sendo profundo por bandas. Jorge Pombo tivo a primeira opción clara cun disparo ao pau dende fóra do área. Álvaro Vázquez non atinou no rexeite coa perna zurda, a súa perna menos hábil.

Despois do primeiro cuarto, o Lugo mellorou. Avisou cun centro de José Carlos Lazo, despois cun cabezazo de Toni Martínez despexado por Cristian Álvarez, porteiro visitante, e posteriormente cun centro de Iriome. Xa no minuto 21, disparo perigoso de Toni Martínez que desviou Cristian Álvarez. No minuto 25, chegou o 1-0 despois dun penalti cometido sobre Lazo que materiolizou Carlos Pita enganando ao porteiro Cristian Álvarez. O sétimo gol do mediocentro coruñés. No minuto 29, Toni Martínez recuperou un balón con presión alta e o seu disparo no man a man foi desviado por Cristian Álvarez. Situación similar no minuto 41 cando Lazo rouba, pero non asiste e o seu disparo é bloqueado. No minuto 45, José Carlos Ramírez cometeu penalti, pero o disparo de Álvaro Vázquez dende os once metros non colleu portería. É a quinta tarxeta amarela de José Carlos, polo que cumprirá sanción na vindeira xornada.

Novo disparo ao poste de Jorge Pombo no minuto 48 despois dunha xogada individual e dende fóra do área. Respondía Cristian Herrera cun cabezazo fóra. No minuto 57, doble ocasión de José Carlos Lazo. O Zaragoza empatou no minuto 63 despois dun pase de Íñigo Eguaras a Alberto Benito que centra e Miguel Linares marca o 1-1 de disparo potente en boca de gol. No minuto 71, xogada individual de Tete Morente, que entrou polo mancado Iriome, e o seu disparo é desviado por Cristian Álvarez. No rexeite, Manu Barreiro tenta unha “vaselina”, mais Álvarez blocou. Na seguinte xogada, o 1-2 cun remate de Alberto Guitián despois dun saque de esquina e tras tres toques dos futbolistas zaragocistas dentro do área. O Lugo buscaba o empate, pero o Zaragoza tentaba controlar maioritariamente o partido mediante a posesión.

Os zaragocistas suman 14 puntos de 21 posibles con Víctor Fernández, ex primeiro adestrador do R.C. Celta, coma primeiro técnico.

O Club Deportivo Lugo é decimoitavo e suma 26 puntos, 3 por riba da zona de descenso.

 

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here