InicioDeportesUnha xanela moi produtiva e imperfecta

Unha xanela moi produtiva e imperfecta

O Club Deportivo Lugo reforzouse con seis xogadores e desprendeuse de sete nun mercado de fichaxes de xaneiro onde os lucenses reforzáronse en defensa e ataque, mais perderon a un activo chave coma o mediocentro Ramón Azeez no límite de peche de inscricións desta fiestra de fichaxes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo pechou onte a medianoite o mercado invernal de fichaxes con 6 incorporacións e 7 baixas. Arestora, posúe 24 fichas do primeiro equipo, polo que podería fichar un xogador máis se un futbolista potencialmente desexado atopárase ceibe. De tódolos xeitos, Tino Saqués, presidente do Club, confirmou que non haberá máis chegadas.

O núcleo dos movementos produciuse na parcela defensiva e ofensiva. Así, incorporaron a tres defensas, un extremo e dous dianteiros centro. Chegaron ao equipo lucense o lateral dereito Gerard Valentín, o central Hernán Menosse, o lateral esquerdo Orest Lebedenko, o extremo diestro Tete Morente e os dianteiros Toni Martínez e o compostelán Manu Barreiro.

Pola súa parte, marcharon o lateral dereito e defensa polivalente Borja San Emeterio, o central Bernardo Cruz, o lateral esquerdo Vasyl Kravets, o mediocentro Ramón Azeez, o extremo dereito Guille Donoso e os dianteiros Jona Mejía e Jean Marie Dongou. É dicir, tres defensas, un pivote, un extremo e dous dianteiros.

Porén, cómpre subliñar que o equipo, numéricamente, perde un xogador e unha posición: Ramón Azeez, un mediocentro. Foi onte xusto á beira do peche de mercado. Un xogador chave na tempada pasada nun Lugo que chegou a ser líder e titular nos derradeiros dez partidos ligueiros desta tempada. Unha perda moi sensible polo seu despliegue físico, capacidade para recuperar balóns e equilibrio táctico. Agora, o equipo pasa de ter cinco pivotes a catro: Fernando Seoane, Carlos Pita (ás veces central), Sergio Gil e Giorgi Aburjania (máis volante que pivote). Aburjania puido saír até o derradeiro intre.

No lateral dereito, Borja San Emeterio marchou cedido. Pero chegou Gerard Valentín, un lateral ou extremo dereito técnico, con proxección ofensiva e notable capacidade para os centros. Un dos mellores laterais dereitos da categoría entre 2015 e 2017 co Gimnàstic de Tarragona, aínda que encadea tempada e media sen apenas competir no veciño R.C. Deportivo da Coruña. Sen San Emeterio, o Lugo perde un defensa máis polivalente, pero menos ofensivo e técnico.

Coma central, chega un veterán e coñecedor da categoría coma Hernán Menosse, de 31 anos. Central urugaio contundente e con poderoso xogo aéreo ofensivo. E perden a Bernardo Cruz, un xove experto aos seus 25 anos, un competidor nato e comprometido co club.

Coma lateral esquerdo, o ucraíno Vasyl Kravets marchou ao C.D. Leganés, da Primeira División, aos seus 21 anos. Un xogador descarado, con sobresalientes centros e intenso nos duelos. Amosou a súa personalidade dende o seu debut con 19 anos. Arribou o ucraíno Orest Lebedenko, de 20 anos, e que procede do Karpaty Lviv, mesmo equipo que Kravets. Lebedenko é máis combinativo que Kravets, pero menos físico, menor capacidade nos centros, aínda que quizais máis veloz. Veremos se amosa a personalidade de Kravets.

Coma extremo dereito, chega Tete Morente, un extremo diestro que pode xogar nas dúas bandas, conductor de balón, potente, desequilibrante e con enorme golpeo de balón. Sae cedido Guille Donoso, que en ningunha das súas dúas tempadas no club tivo apenas continuidade. Nesta campaña, só xogou na Copa, os catro partidos, pero só o derradeiro coma titular. Donoso, iso sí, marcou un gol na Copa na tempada pasada en Tarragona cando o Lugo perdía 1-0 e encadeaba tres partidos e esa primeira metade sen marcar. Un gol que trocou a dinámica nun Lugo que foi, meses despois, incluso líder.

Na dianteira, marchou un “nove” puro coma Jona Mejía e un segundo dianteiro coma Jean Marie Dongou. Jona nunca atopou a confianza, non marcou ningún gol e non amosou o ritmo necesario, pese a ter unha traxectoria acreditada con, por exemplo, 15 goles fai dúas tempadas e 16 tantos vai catro campionatos. Dongou, lonxe do nivel que lle fixo debutar no Barça en Liga, Copa e Champions, e sen apenas amosar olfato en zonas de finalización só colaborando cun gol e aportando máis combinación, aínda que escasa, que remate. Por eles, chegaron dous dianteiros puros: Toni Martínez, que xa debutou e con gol, e o compostelán Manu Barreiro. Toni é potente, definidor e moi físico, mentres Barreiro é un cabeceador, un dianteiro máis dinámico, pode xogar de segunda punta coma fixo ocasionalmente no Nàstic, máis técnico e enorme rematador.

En liñas xerais, o Lugo gaña dous noves puros, un extremo con máis rendemento recente, troca un perfil similar de central, gaña un lateral dereito máis técnico, pero perde un lateral esquerdo de presente por un lateral esquerdo de futuro. E, especialmente, xa non destrutará dun mediocentro moi físico e recuperador absolutamente chave.

 

 

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...

Denunciados unha ducia de condutores en Lugo por alcoholemia positiva, un deles por cuadriplicar a taxa máxima

A Policía Local de Lugo denunciou este fin de semana a unha ducia de condutores que...

A circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo estará cortada desde este martes

O Concello de Lugo informou de que, ante a necesidade de executar as canalizacións...