InicioDeportesO inicio negativo e a superioridade final de BAXI Manresa lastran a...

O inicio negativo e a superioridade final de BAXI Manresa lastran a Cafés Candelas Breogán (71-80)

Lucio Redivo, que reapareceu despois de dúas xornadas sendo baixa por lesión, foi o máximo anotador local con 17 puntos, pero Corey Fisher foi absolutamente decisivo para o equipo do Bages con 18 puntos, 7 asistencias e 5 rebotes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu ante BAXI Manresa (71-80) nun partido no que o comezo negativo lastrouno. Pese a todo, competiu até o final.

Manresa comezou de xeito moi sólido. Gabriel Lundberg anotou unha tripla na primeira posesión do partido. Cinco triplas do equipo do Bages no primeiro cuarto. Partidazo de Corey Fisher na dirección e en anotación. Así, tras dúas triplas consecutivas de Nikola Dragovic, Manresa colocou o 8-17 no marcador, máxima vantaxe manresana ante un Breogán que en ningún intre liderou o marcador. De tódolos xeitos, o equipo lucense seguiu percutindo. Cunha tripla de Aleksandar Cvetkovic chegouse a un empate (25-25) nun segundo cuarto marcado polo acerto defensivo. Novamente, outra tripla de Cvetkovic colocaba unha nova igualada (32-32). Cunha tripla errada polo base-escolta serbio chegábase ao descanso (34-36).

Novo comezo fantástico de Manresa no terceiro cuarto. Cunha tripla de Corey Fisher colocábase unha nova vantaxe significativa para o equipo adestrado por Joan Peñarroya (35-43). Catro puntos de Lucio Redivo contestaban. Unha tripla de Ryan Toolson abría diferenzas até outra vez a máxima vantaxe de BAXI Manresa (47-56). Pero o Breogán seguía en prol da remontada. Dúas triplas entre Alec Brown e o sempiterno Cvetkovic reducían distancias (55-58).

No derradeiro parcial, Manresa xestionou mellor o balón, os rebotes e estivo máis acertado. Unha canastra de Cady Lalanne e outra de Toolson marcaron terra de por medio (68-77) e Manresa asinou a súa sétima vitoria fóra da casa (71-80).

Tadija Dragićević lesionouse e “vai estar un tempo fóra”, segundo Natxo Lezkano, primeiro adestrador do Breogán.

Lucio Redivo, que reapareceu despois de dúas xornadas sendo baixa por lesión, foi o máximo anotador breoganista con 17 puntos, seguido por Volodymyr Gerun, con 13. Pola súa banda, Corey Fisher foi o mellor de Manresa con 18 puntos, 5 rebotes e 7 asistencias para 26 créditos valorativos.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...