Sergi Vidal renova co Cafés Candelas Breogán até final de tempada

O escolta é o xogador con máis minutos por partido do equipo lucense

Sergi Vidal. Foto de acb.com

O Cafés Candelas Breogán anunciou a renovación do escolta Sergi Vidal até final de tempada. O exterior catalán fichou polo equipo lucense en pretempada e asinara dous contratos temporais.

É o xogador con máis minutos de media por partido do Breogán con 25 minutos e 26 segundos por encontro. Promedia 7 puntos, 3.5 rebotes e 2.8 asistencias por partido.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here