InicioDeportesO terceiro cuarto de Matt Thomas supera ao Breogán (65-77)

O terceiro cuarto de Matt Thomas supera ao Breogán (65-77)

O ex escolta de Obradoiro, que non anotara nos dous primeiros parciais, aportou 15 puntos nos terceiros dez minutos e os valencianos distanciáronse no marcador con 21 puntos a prol do equipo adestrado por Jaume Ponsarnau ante un Breogán no que destacou Alec Brown con 16 puntos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu contra o Valencia Basket (65-77), que estivo moito máis acertado nas triplas, defendeu o potencial ofensivo do Breogán, xestionou mellor o balón e foi superior no rebote. Os lucenses rachan a súa senda de tres vitorias consecutivas no Pazo dos Deportes de Lugo.

Os lucenses estiveron por diante no primeiro cuarto cunha máxima vantaxe de cinco puntos (7-2, 9-4, 15-10 e 17-12). Inicio fantástico de Alec Brown, con 9 puntos, pero Valencia Basket rematou o primeiro cuarto por diante grazas a un parcial de 0-8 (17-20). No segundo cuarto, Volodymyr Gerun mantivo aos lucenses no partido e, cun parcial de 8-0, os breoganistas volveron colocarse por diante (28-27). Cun novo parcial de Valencia chegábase ao descanso (30-35).

No terceiro cuarto, exhibición maxistral de Matt Thomas, con 15 puntos, e que non anotara até entón. Os valencianos chegaron a ter unha máxima vantaxe de 21 puntos (39-60). Os lucenses continuaron competindo até o final, pero non foron quen de remontar até o 65-77 final.

Alec Brown foi o máximo anotador breoganista con 16 puntos, seguido por Volodymyr Gerun, con 10. Matt Thomas e Aaron Doornekamp foron os mellores anotadores do Valencia Basket, ámbolos dous con 15 puntos.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...