Gerard Valentín entra na convocatoria de Club Deportivo Lugo

Borja San Emeterio y Jean Marie Dongou non entraron na lista por decisión técnica

Gerard Valentín pousa na súa presentación coma novo xogador do Club Deportivo Lugo. Foto de cdlugo.com

19 xogadores viaxan co Club Deportivo Lugo para enfrontarse mañá ao Málaga C.F. no estadio La Rosaleda a partir das 20:30 horas. Entre eles, Gerard Valentín, lateral dereito chegado esta mesma semana cedido polo R.C. Deportivo da Coruña. O corpo técnico deberá realizar un descarte antes do partido.

En cambio, Borja San Emeterio y Jean Marie Dongou non entraron na lista por decisión técnica, así como Guille Donoso, ao que se lle busca saída, e o lesionado Serge Leuko.

José Carlos Ramírez e Fernando Seoane volven á convocatoria despois de cumprir sanción.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here