InicioDeportesGerard Valentín: "Quería comezar a competir"

Gerard Valentín: “Quería comezar a competir”

Emilio Viqueira, director deportivo do Club Deportivo Lugo, explicou que "aproximadamente" queren fichar "en cada liña do campo", entre eles "un ou dous dianteiros", cuestión que teñen "claro"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Gerard Valentín, novo lateral dereito do Club Deportivo Lugo, foi presentado este mediodía coma nova xogador do equipo lucense cedido polo Real Club Deportivo da Coruña até o 30 de xuño de 2019.

Gerard Valentín afirmou que é un destino que lle “convencía”, “todo o mundo” lle falaba “ben” e gústalle “o seu xeito de xogar”. “Eu precisaba saír de alí porque quería comezar a competir, víame con poucas posibilidades de ter minutos”, reflexionou. Calificou coma “ambiente agradable, que lle gusta ver fútbol” a afección do estadio Ángel Carro.

Emilio Viqueira, director deportivo do Club Deportivo Lugo, respondeu que, agora mesmo, teñen “tres laterais dereitos” porque a lesión de Serge Leuko “vai para máis longo”. Amosou o seu “agradecemento” e “predisposición” “persoal e de club” co R.C. Deportivo da Coruña pola cesión de Gerard Valentín.

Viqueira explicou que “aproximadamente” queren fichar “en cada liña do campo”, entre eles “un ou dous dianteiros”, cuestión que teñen “claro”, así coma “dous temas” coma posibles baixas. Tamén reflexionou que está “asustado de todo o que se fala” con posibles nomes para incorporar ao equipo.

En canto á marcha de Jona Mejía, contestou que “é unha mágoa porque é un gran rapaz e un gran dianteiro“.

 

 

 

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...