InicioDeportesBorja San Emeterio: "Estou adestrando moi cómodo, moi a gusto"

Borja San Emeterio: “Estou adestrando moi cómodo, moi a gusto”

O lateral dereito, que se lesionou no seu debut, en Copa o pasado 13 de setembro, foi convocado novamente na pasada xornada e explicou que "cada vez tes máis ganas de axudar ao equipo dentro do campo e desexando" xa reaparecer

PUBLICADA O

- Advertisement -

Borja San Emeterio, lateral dereito de Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa despois de ser convocado na pasada xornada tras recuperarse dunha lesión. Aínda non debutou en Liga. Só competiu en terceira rolda de Copa do Rei o pasado 13 de setembro en Albacete (2-3), xusto cando sofreu “unha lesión aguda do complexo postero lateral do nocello dereito”.

O polivante defensa afirmou que se atopa “adestrando moi ben”, “moi cómodo” e “moi a gusto”, así coma “cada vez tes máis ganas de axudar ao equipo dentro do campo e desexando” reaparecer. Lembrou que, “ao final”, foron “tres meses” e comezou a adestrar “en decembro”. Subliñou que “foi todo moi ben”.

Borja San Emeterio declarou que o equipo está “moi ben”, “moi sólido” e “moi asentado agora mesmo”. Subliñou que están“recibindo poucas ocasións”e Juan Carlos Martín, porteiro albivermello, está“moi acertado”, así como “vese un equipo sólido, que traballa todo a un”.

Sobre o traspaso de Bernardo Cruz ao Granada C.F., comentou que “era unha peza importante no vestiario, bastante querido e moi traballador”. Aproveitou para “desexarlle toda a sorte do mundo”.

Segundo o cántabro, “aínda se valora máis”empate contra o R.C. Deportivo da Coruña (0-0) no estadio de Riazor, na Coruña, polo “escenario e rival”, así como pola inferioridade numérica dende o minuto 69 trala expulsión de José Carlos Ramírez. Na súa opinión, “o punto refrenda un pouco o ben que se están a facer as cousas as últimas semanas e a mellora do equipo”.

Respondeu sobre as perdas de tempo albivermellas na pasada xornada en Riazor contra o Dépor: “No vestiario nin se falou diso. Fíxate a importancia que lle demos. O Dépor, se a finde que vén vai gañando e expúlsanlle a un ou dous, vai facer o mesmo”.

Calificou ao Extremadura U.D., vindeiro contrincante do Lugo o domingo 13 de xaneiro no estadio Ángel Carro a partir das 18 horas na derradeira xornada da primeira volta de La Liga 1|2|3, coma “un rival bastante perigoso”.

 

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...