O C.D. Lugo traspasa a Bernardo Cruz ao Granada C.F.

O central cordobés asina polo equipo nazarí até o 30 de xuño de 2021

Bernardo Cruz. Foto de laliga.es

Club Deportivo Lugo e Granada C.F. confirmaron o traspaso do central Bernardo Cruz. O defensa cordobés asina até o 30 de xuño de 2021.

Bernardo Cruz competiu en 40 partidos de Liga e 3 de Copa do Rei dende a súa fichaxe polo club lucense no verán de 2017.

O Lugo, nun comunicado, “quixo agradecer ao xogador a súa exemplar dedicación e profesionalidade durante a súa vinculación á entidade e dexarlle moita fortuna na súa nova etapa profesional”.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here