InicioDeportesUn Club Deportivo Lugo que soubo sofrer suma un punto en Riazor...

Un Club Deportivo Lugo que soubo sofrer suma un punto en Riazor (0-0)

Os lucenses xeraron chegadas con perigo a partir da metade da primeira parte, termaron as tentativas dun Deportivo dominador cun Juan Carlos Martín imperial por enésima ocasión e acadaron un empate xogando cun xogador menos dende o minuto 69 pola expulsión do central José Carlos Ramírez

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo sumou un empate na visita ao Real Club Deportivo da Coruña (0-0) e ten dous puntos de vantaxe sobre o descenso. Os lucenses acumulan catro xornadas sen perder e son o terceiro equipo que puntúa en Riazor ante un Dépor invicto coma local.

O Dépor dominou no primeiro treito de partido e crearon perigo con varios centros laterais ante un Lugo que non presionaba alto. Avanzada a primeira metade, o Lugo mellorou e tivo varias chegadas perigosas cun centro de Eduard Campabadal, outro de Iriome e varias combinacións entre uns activos Cristian Herrera e Dani Escriche. Pese a todo, a principal ocasión foi de Carles Gil, mediapunta do Dépor, cun disparo ao pau tras un formidable pase de cabeza de Michael Krohn-Dehli.

Na segunda metade, dominio absoluto do Dépor, salvo un disparo do albivermello Vasyl Kravets de volea despois dun saque de esquina. No comezo da segunda metade, alternativa para Borja Valle, que salvou un Juan Carlos Martín imperial por enésima ocasión. Os deportivistas dominaban o balón, pero sen apenas profundidade polo franco central e só inquedaba con centros laterais. Despois dun deles, chegou un disparo axustado pero lixeiramente fóra de Carles Gil. Trala expulsión do central José Carlos Ramírez, impecable até ese intre, no minuto 69 aumentou o asesio deportivista. Segundos depois, paradón de Juan Carlos a David Simón a bocaxarro. Dominio deportivista, pero sen profundidade dabondo. Nos intres finais, centro preciso de Diego Caballo, cabezazo de Carlos Fernández e paradón de Juan Carlos. Jean Marie Dongou tamén foi expulsado no desconto. O Lugo defendeuse e acadou o empate.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...