InicioDeportesDurán Maquinaria Ensino refórzarse coa escolta Ángela Salvadores

Durán Maquinaria Ensino refórzarse coa escolta Ángela Salvadores

A xogadora oventese foi a MVP do Mundial sub 17 en 2014 anotando 40 puntos na final contra Estados Unidos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Durán Maquinaria Ensino comunicou a fichaxe da escolta ovetense Ángela Salvadores, de 21 anos e que procede de Sopron Basket, de Hungría, co que foi finalista da pasada edición da Euroliga. Salvadores é internacional coa selección española en categorías inferiores. De feito, é catro veces campiona de Europa (sub 20 en 2017, sub 18 en 2015 e sub 16 en 2013 e 2012), subcampiona mundial en 2014 e gañadora dunha medalla de bronce no Europeo sub 18 en 2014. No Mundial sub 17 de 2014, foi a MVP do Torneo e anotou 40 puntos na final contra Estados Unidos.

Formouse en Aros León, no centro de Tecnificación Siglo XXI e nos prestixiosos Duke Blue Devils de Estados Unidos na tempada 2015-2016. Antes da súa etapa en Hungría, proclamouse campiona da Liga, Copa e Supercopa co Perfumerías Avenida Salamanca na tempada 2016-2017.

Segundo Durán Maquinaria Ensino, “pese a súa xuventude, é unha das mellores xogadoras españolas do momento” e “chega para fortalecer a línea exterior xa que pode actuar tanto de base coma de escolta”.

 

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...