O canteirán Pablo Cacharrón, José Carlos Ramírez, Giorgi Aburjania e Guille Donoso, novidades na lista do C.D. Lugo

O porteiro Juan Carlos Martín, o mediocentro Fernando Seoane, o extremo dereito Iriome González e o dianteiro Cristian Herrera descansan e son baixas por decisión técnica

Pablo Cacharrón, durante un adestramento. Foto de cdlugo.com

O Club Deportivo Lugo anunciou a convocatoria para visitar mañá xoves ao Levante U.D. no estadio Ciutat de València a partir das 12 do mediodía na volta de dieciseisavos de final da Copa do Rei.

O porteiro canteirán Pablo Cacharrón, o central zurdo José Carlos Ramírez, o mediocentro ou mediapunta Giorgi Aburjania e o extremo diestro Guille Donoso son as novidades na lista.

Por outra banda, o porteiro Juan Carlos Martín, o mediocentro Fernando Seoane, o extremo dereito Iriome González e o dianteiro Cristian Herrera descansan e son baixa por decisión técnica.

O lateral esquerdo Luis Ruiz, o mediocentro Carlos Pita e os laterais dereitos Serge Leuko e Borja San Emeteiro son ausencias por lesión.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here