InicioDeportesCarlos Pita, sobre a súa dispoñibilidade en Pamplona: "Aínda é cedo"

Carlos Pita, sobre a súa dispoñibilidade en Pamplona: “Aínda é cedo”

O primeiro capitán sobre "molestias no abductor" que lle impediron estar dispoñible na pasada xornada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Carlos Pita, mediocentro do Club Deportivo Lugo e primeiro capitán do equipo, afirmou que sofre “molestias no abductor” que lle impediron estar dispoñible na pasada xornada. “Non é unha lesión grave, pero hai que realizar traballos máis conservadores para que non vaia a máis”, valorou. Pita confirmou que é unha doenza que leva “arrastrando dende fai varias semanas”.

O mediocentro coruñés opinou que na vitoria da pasada xornada ante o Córdoba C.F. (2-1) realizaron unha primeira metade “bastante completa” e na segunda “sufriron”. Considera que tiveron esa “pizca de acerto” no eido goleador que non tiveron en partidos previos. “Estamos a traballar nunha boa liña, en Albacete foi un mal día”, resumiu. Comentou que o equipo está nunha “situación difícil”, pero teñen “capacidade para saír dela”.

Valorou que Club Atlético Osasuna, vindeiro rival en Pamplona o domingo 2 de decembro a a partir das 16 horas, está “nunha boa xeira de resultados, pese a derrota en Riazor”, será “un partido complicado”, ante un equipo que “ataca moito, mete moitos centros á área, moito fútbol directo, chega moito por fóra, con moitos xogadores ao área” e os seus afeccionados “apretan moito”. Respondeu que, nas últimas tempadas, os rivais de primeiro nivel “dánselle ben” ao Lugo.

 

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...