Lucía Prol e Laura Villasante, do C.V. Emevé, xogarán o All-Star da Liga 1

O evento, que cumpre a súa terceira edición, terá lugar o sábado 29 de decembro en Valladolid

Lucía Prol, nunha xogada

A receptora Lucía Prol e a oposta Laura Villasante, xogadores do Club Voleibol Emevé Lugo, forman parte do elenco de estrelas da Liga 1 (Liga Iberdrola), máxima categoría do voleibol español, que competirá no All-Star o vindeiro sábado 29 de decembro en Valladolid. Será esta terceira edición deste evento.

Lucía Prol, que este venres cumpre 19 anos, xoga por quinta tempada consecutiva no Emevé e Laura Villasante, de 26 anos, compite por sexta campaña consecutiva no Emevé.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here