InicioDeportesAlberto Monteagudo: "Carlos Pita é dúbida seria"

Alberto Monteagudo: “Carlos Pita é dúbida seria”

Valorou que o Córdoba, no debut de Curro Torres como novo primeiro adestrador, mesturará "xogar" con fútbol "directo", así como destacou que "encaixou moitos goles"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, adestrador de Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra o Córdoba C.F. mañá sábado a partir das 18 horas no estadio Ángel Carro de Lugo.

Adiantou que Carlos Pita e Vasyl Kravets son “dúbida seria” por lesión, Jona Mejía non poderá xogar por contrato (está cedido polo Córdoba C.F.), mentres que Sergio Gil xa está recuperado.

O adestrador albivermello afirmou que o Lugo ten “moi bos profesionais”, “seguramente sexa o grupo de xogadores máis responsables e con máis gañas de facer as cousas ben” de toda a súa carreira como xogador e adestrador, “adestra moi ben” e “non teñen xestos raros normalmente cara o adestrador”.

Monteagudo afirmou que o equipo debe “xogar cada partido como se fose o último” e na casa teñen que ser un conxunto “forte e poderoso, que mete en moitas fases do partido ao rival na súa área “, así como “acertar arriba”.

Valorou que o Córdoba, no debut de Curro Torres como novo primeiro adestrador, mesturará “xogar” con fútbol “directo”, “ten xogadores de nivel e calidade”, así como destacou que “encaixou moitos goles”, polo que a defensa é, “en principio, o peor que teñen”.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...