Tecnyconta Zaragoza remonta a un Breogán desacertado no treito final (82-86)

Os lucenses chegaron a contar con 15 puntos de vantaxe no terceiro cuarto e de 13 no derradeiro, pero un parcial final de 5-22 para o conxunto maño supuxe o trunfo visitante

Lucio Redivo penetra a canastra ante o galego Jonathan Barreiro. Foto de ACB.

O Cafés Candelas Breogán perdeu no Pazo dos Deportes de Lugo ante Tecnyconta Zaragoza despois de desperdiciar unha vantaxe de 15 puntos (62-47) no terceiro cuarto e 13 (77-64) no derradeiro cuarto. Os lucenses, acertados dende o lanzamento exterior até ese decisivo treito, erraron tiros liberados e foron superados polos maños cun parcial final a prol dos visitantes (5-22). O Zaragoza impúxose cunha actuación magnífica de Bo McCalebb (21 puntos), Jonny Berhanemeskel (22 puntos) e Nacho Martín (16 puntos).

Lucio Redivo foi o máximo anotador breoganista con 21 puntos, polos 15 de Aleksandar Cvetkovic.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here