InicioDeportesJerome Jordan: "Estou encantado de xogar aquí"

Jerome Jordan: “Estou encantado de xogar aquí”

O ex pivote da NBA afirmou, a nivel colectivo, que están "mellorando" e "verase cedo o potencial"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Jerome Jordan, pivote do Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa nun acto na sede de Cafés Candelas, principal patrocinador do equipo lucense.

Jordan, que asinou un contrato temporal co club, declarou que está “encantado de xogar aquí”, “contento co recibimento de todo o mundo, do equipo, do club” e “os seareiros están moi involucrados”. “Pola rúa todo o mundo me coñece, coñece ao equipo”, explicou. “É difícil sabelo. Polo momento, estou provisional. Cando chegue o momento, falarei co club e co meu axente, e xa se verá”, contestou. Sobre a súa adaptación, comentou que ten “bastante experiencia e foi bastante sinxelo” adaptarse.

A nivel colectivo, asegurou que están “mellorando” e “cedo verase o potencial”.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...