InicioDeportesO Breogán perde despois de baixar o nivel dende o terceiro cuarto...

O Breogán perde despois de baixar o nivel dende o terceiro cuarto (76-64)

O aleiro Jöhan Lofberg foi o breoganista máis acertado con 22 puntos e 4 rebotes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu na súa visita ao UCAM Murcia C.B. (76-64). Os lucenses dominaban ao descanso (36-37), pero dende o terceiro cuarto baixaron claramente o nivel. UCAM Murcia xestionou mellor o balón e o Breogán pagou o seu desacerto exterior (4/27 en triplas).

O aleiro Jöhan Lofberg foi o breoganista máis acertado con 22 puntos e 4 rebotes, seguido por Volodymyr Gerun con 13 puntos e 5 rebotes, así como Jerome Jordan con 9 puntos, 9 rebotes, 3 asistencias e 2 recuperacións.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...

Denunciados unha ducia de condutores en Lugo por alcoholemia positiva, un deles por cuadriplicar a taxa máxima

A Policía Local de Lugo denunciou este fin de semana a unha ducia de condutores que...

A circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo estará cortada desde este martes

O Concello de Lugo informou de que, ante a necesidade de executar as canalizacións...