InicioDeportesO Breogán gaña a Copa Galicia nove anos despois ao vencer a...

O Breogán gaña a Copa Galicia nove anos despois ao vencer a Obradoiro (74-75)

Dous tiros libres finais de Jerome Jordan deron a vitoria a un equipo lucense superior dende o comezo circulando mellor o balón e imprimindo o seu ritmo de partido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán proclamouse campión da Copa Galicia despois de nove anos e suma o seu duodécimo título autonómico. Os breoganistas gañaron a Monbús Obradoiro (74-75) sendo superiores dende o comezo cunha mellor circulación de balón e imprimindo o seu ritmo de partido. Dous tiros libres de Jerome Jordan despois dunha tripla de David Navarro (74-73) foron decisivos. Kyle Singler non anotou dende a liña de tres puntos na derradeira xogada.

Jerome Jordan foi o máximo anotador do partido con 18 puntos, polos 16 de Pepe Pozas no Obradoiro.

O Breogán non gañaba a Copa Galicia dende 2009. Obradoiro sumaba 8 títulos consecutivos dende 2010, inclusive.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...