Lugo homenaxea ao campión mundial Jorge Prado

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, anunciou a creación dun circuito de motocross en Teixeiro co nome do piloto lucense

Jorge Prado, no Concello de Lugo. Foto de lugo.gal

O pilote lucense Jorge Prado, campión do mundo de MX2 neste 2018, foi homenaxeado hoxe en Lugo en recepción oficial na casa do concello lucense.

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, anunciou a creación dun circuito de motocross en Teixeiro co nome de Jorge Prado.

Prado afirmou que está “moi feliz” pola homenaxe da súa cidade e espera que esta nova pista permita que “saian máis pilotos lucenses”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here