Natxo Lezkano: “Vai haber un ambiente espectacular”

O adestrador breoganista loubou as virtudes do Obradoiro e afirmou que o Breogán só contará coa novidade de Jerome Jordan

Natxo Lezkano, na rolda de prensa en apoio á loita contra o cancro de mama baixo o lema "Ergue a túa man". Foto de Lugoxornal.

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa antes do partido da sexta xornada da Liga Endesa contra Monbús Obradoiro C.A.B. este sábado 27 de outubro no Pazo dos Deportes de Lugo a partir das 18 horas.

Lezkano compareceu na Sala de Exposicións Capela de Santa María de Lugo, onde se presentou a iniciativa solidaria da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) para o vindeiro partido contra Obradoiro baixo o lema “Ergue a túa man” en apoio ás pesonas que sofren cancro de mama.

Quique Fraga, director deportivo do Breogán, afirmou que para o club “é un orgullo participar neste tipo de eventos”, “o cancro é, quizais, a principal lacra desta sociedade” e animou a que a xente vaia ao encontro e berren “ergue a túa man”.

Lezkano declarou que “xogarán os mesmos xogadores que xogaron onte máis Jerome Jordan”.

O adestrador breoganista explicou que “Obradoiro xoga diferente”, “atractivo”, “un rival que chega ben”, “xoga a un nivel moi alto”, “ten de todo” e conta “cunha rotación moi, moi longa”. Pronosticou que “é un equipo que vai loitar por entrar en playoff seguramente”.

Por outra banda, Lezkano adiantou que “vai haber un ambiente espectacular, vai ser unha festa do baloncesto”. “É un partido especial para os nosos seareiros e iso debe darnos máis empuxe”, comentou.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here