InicioDeportesO Joventut gaña ao Breogán tras xestionar mellor o treito definitivo (69-76)

O Joventut gaña ao Breogán tras xestionar mellor o treito definitivo (69-76)

A dirección de Nicolás Laprovittola e o acerto de Conor Morgan decidiron un partido no que o equipo lucense tivo vantaxe de 10 puntos no primeiro cuarto e de 7 no terceiro cuarto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu o partido adiado da primeira xornada da Liga Endesa fronte o Divina Seguros Joventut (69-76) nun encontro de intres, de parciais a favor e en contra.

Os lucenses foron superiores ao comezo e tiveron unha vantaxe de 10 puntos (28-18) despois dun primoroso primeiro cuarto de Volodymyr Gerun con 9 puntos e o acerto e a dirección de Aleksandar Cvetkovic. O Joventut anotou cinco triplas no primeiro cuarto. O Joventut mellorou coa dirección do base macedonio Nenad Dimitrijevic e chegou ao descanso con leve vantaxe (39-41).

No terceiro cuarto, os lucenses volveron liderar o encontro (49-42) despois de 8 puntos de Cvetkovic, pero o Joventut equilibrou novamente o partido cun parcial de 0-7.

Nos minutos definitivos, Nicolás Laprovittola impuxo o seu ritmo e o acerto de Conor Morgan decidiron o partido a prol do equipo de Badalona.

Aleksandar Cvetkovic, Volodymyr Gerun e Sergi Vidal foron os principais anotadores do Breogán con 14, 13 e 12 puntos, respectivamente, polos 16, 13 e 12 de Conor Morgan, Nico Laprovittola e Nenad Dimitrijevic, respectivamente, no Joventut.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...