Javi López adianta que o porteiro Juan Carlos está pendente dunha “segunda opinión” tras “un problema” nun xeonllo

O adestrador albivermello subliñou o "traballo" e a "vontade" do seu equipo e "non hai moitos nin parecidos"

Javi López, en rolda de prensa. Foto de cdlugo.com

Javi López, adestrador do Club Deportivo Lugo, afirmou que o porteiro Juan Carlos Martín sofreu “un problema” nun “xeonllo” en Tenerife e está pendente dunha “segunda opinión”. López contestou que o gardamallas Alberto Varo xogou un “partido de moi bo nivel” en Copa o mércores e o canteirán Pablo Cacharrón “está en proceso de aprendizaxe” e ten “moito nivel”.

O adestrador albivermello subliñou o “traballo” e a “vontade” do seu equipo e “non hai moitos nin parecidos”.

O Gimnàstic de Tarragona será o rival en liga do Lugo este domingo no estadio Ángel Carro a partir das 16 horas. Javi López opinou que “teñen xente para ir ao espazo” e “para xogar directo”. Subliñou que Ikechukwu Uche “móvese moi ben entre liñas”.

Por último, explicou que o Levante Unión Deportiva, rival do Lugo en Copa, é “un aliciente” como sería “calquera rival”.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here