InicioDeportesO C.D. Lugo xogará en Copa contra un equipo de Primeira tras...

O C.D. Lugo xogará en Copa contra un equipo de Primeira tras un golazo de Dani Escriche no desconto (1-0)

Os lucensen non xogan contra un conxunto da máxima categoría dende xaneiro e febreiro de 1995, na terceira rolda copeira contra o R.C. Celta de Vigo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo gañou á Agrupación Deportiva Alcorcón (1-0) cun golazo de Dani Escriche de volea no derradeiro minuto. Os lucenses enfrontaranse a un equipo de Primeira División en dieciseisavos da Copa do Rei. Os albivermellos non xogan contra un conxunto da máxima categoría dende xaneiro e febreiro de 1995, na terceira rolda copeira contra o R.C. Celta de Vigo.

O Alcorcón foi superior maioritariamente durante o partido. Así, un pase filtrado do ex albivermello Álvaro Peña no minuto 4 produciu un man a man do tamén ex albivermello Jonathan Pereira que desviou o porteiro Alberto Varo, titular hoxe e que completou unha notable actuación. Tres minutos despois, Dani Escriche disparaba alto dende fóra do área. Os madrileños xogaban con máis enerxía nos duelos e nos balóns divididos, así como cun punto máis de ambición. Os lucenses cometeron excesivos erros en iniciación de xogada. Tras un xogada colectiva, Borja Galán, ex Dépor B, cabeceaba alto no minuto 22. Contestaba Escriche cunha xogada individual no minuto 26 que desviaba a defensa madrileña. Ao borde do descanso, Juan Muñiz lanzaba unha magnífica falta directa e Raúl Lizoain desviaba preto da escadra.

No inicio da segunda metade, Juan Muñiz voltaba lanzar unha falta directa e o balón marchouse alto. Os madrileños seguían sendo superiores cun “Nono” González moi profundo. José Carlos tivo a opción de adiantar aos lucenses no minuto 64 cun cabezazo que marchou excesivamente cruzado. Minutos despois, “Nono” finaliza unha xogada combinativa do Alcorcón e o seu disparo foi desviado por un Alberto Varo espectacular e ningún visitante chegou ao rexeite. No minuto 80, centro preciso de Luis Ruiz e Jona Mejía cabeceaba, mais Lizoain parou. Catro minutos despois, Álvaro Peña deixa un balón cara atrás, Víctor Casadesús remataba de volea, o balón toca en Luis Ruiz e Varo desviou a saque de esquina nunha magnífica intervención. No minuto 88, Jonathan Pereira disparou excesivamente cruzado. Segundos despois, Alberto Varo sae do área e elimina unha ocasión de Pereira. No minuto 90, “Nono” disparou dende fóra do área un golpeo potente e Varo volveu desviar. E, xa no desconto, Antonio Campillo bota unha falta metros despois do mediocampo, Miguel Vieira cabecea e Dani Escriche, de volea magnífica, anotou de golpeo seco e precioso o definitivo 1-0. Lugo volverá desfrutar dun rival de Primeira.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...