InicioDeportesNatxo Lezkano descarta a Alec Brown para xogar contra Estudiantes

Natxo Lezkano descarta a Alec Brown para xogar contra Estudiantes

O adestrador breoganista afirmou que o partido contra o equipo madrileño é "importante porque son partidos que si te queres salvar tes que gañar"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador do Cafés Candelas Breogán, afirmou que de cara ao partido contra Club Estudiantes de Madrid este sábado ás 20:30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo teñen as baixas de Henk Norel, Salva Arco, Ricardo Úriz e Alec Brown. Ademáis, “Emir Sulejmanovic non adestrou en toda a semana”. “Imos ver si pode chegar, chegaría un pouco xusto, confiemos que sí”, afirmou sobre o pívot bosnio.

“O partido de Estudiantes é, para nós, xa importante, que temos que mirar doutro xeito. Temos que saír a ser xa máis competitivos. Temos que saír a gañar porque son partidos que si queres salvarte ao final de tempada tes que gañar”, declarou o adestrador breoganista.

Lezkano comentou que as chaves para gañar será “defender moi ben” e “non ter tantas pérdidas” como acumularon “nestes dous partidos”.

Opinou que Estudiantes ten “un equipo moi compensado, con xogadores xoves, pero que xa levan acumulados moitos partidos en Liga Endesa e combinan con veteranos con experiencia na liga e en Estudiantes”, así como “poucas incorporacións, un bloque”, ficharon “tres xogadores de calidade” e, aínda que teñen “adestrador novo”, “os xogadores levan moito tempo xogando xuntos”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...