InicioDeportesC.D. Lugo B ascende a Terceira

C.D. Lugo B ascende a Terceira

PUBLICADA O

- Advertisement -

Club Deportivo Lugo B é novo equipo de Terceira División despois de gañar 1-2 en Outeiro de Rei na penúltima xornada de Preferente Norte. Os xogadores adestrados por José Durán impuxéronse con goles de Javi Rey no minuto 4 e Fernando Cuadrado no minuto 89. Trigo empatara para a S.D. Outeiro de Rei no minuto 53.

Agora mesmo, os albivermellos son colíderes con 78 puntos, os mesmos que a U.D. Paiosaco, que hoxe certificou tamén o ascenso a Terceira ao vencer 1-3 en Castro.

O filial albivermello, creado en 2015, ascendeu a Preferente en 2016 e agora a Terceira en 2018.

Na derradeira xornada, o filial lucense recibirá á Agrupación Estudiantil F.C. en Lugo.

Foto das canles oficiais de Club Deportivo Lugo

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...