O piloto lucense Jorge Prado xa é campión do mundo de MX2

Pauls Jonass, rival do deportista de Lugo, non poderá competir na derradeira carreira por lesión

O piloto lucense Jorge Prado, de apenas 17 anos. Foto de http://www.jorgeprado61.com/

O piloto lucense Jorge Prado, de só 17 anos, é novo campión do mundo de motocross en categoría MX2 trala lesión do seu rival Pauls Jonass, vixente campión mundial. Prado suma 823 puntos polos 777 de Jonass. Ámbolos dous son compañeiros no equipo Red Bull KTM.

Pauls Jonass non poderá competir en Italia, derradeira carreira, esta fin de semana por unha operación no xeonllo dereito.

Jorge Prado, a través das redes sociais, afirmou: “O soño fíxose realidade”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here