O Lugo vence en Zaragoza no día que Carlos Pita volveu escribir poesía (0-2)

O mediocentro coruñés marcou un golazo dende o mediocampo, mentres que Jean Marie Dongou asinou o 0-2 para a primeira vitoria a domicilio do equipo lucense nesta Liga

Celebración do golazo de Carlos Pita. Foto de LaLiga.es

O Club Deportivo Lugo venceu na súa visita ao Real Zaragoza (0-2), acadou a súa primeira vitoria a domicilio na Liga e suma xa 7 puntos.

O partido estivo protagonizado polo golazo xenial de Carlos Pita no minuto 21 ao sorprender ao porteiro local Cristian Álvarez dende o círculo central do mediocampo cun golpeo preciso e potente. Catro minutos despois, Cristian Herrera disparou unha falta directa ao poste. No minuto 40, Serge Leuko envía o balón ao área, Iriome controla e Cristian Álvarez desviou o balón no man a man co extremo tinerfeño.

Na segunda metade, Jean Marie Dongou marcou o 0-2 ao aproveitar un despexe de Cristian Álvarez tras disparo de Cristian Herrera.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here