José Carlos Lazo é a novidade nunha lista na que non entran Bernardo Cruz e Jona Mejía

Eduard Campabadal, Borja San Emeterio, Luis Ruiz e Juan Muñiz tampouco forman parte dunha convocatoria na que volven Jean Marie Dongou, Sergio Gil e "Josete" Malagón

José Carlos Lazo. Foto de Club Deportivo Lugo.

O extremo José Carlos Lazo, que non entrou na pasada convocatoria por decisión técnica, é a principal novidade na lista do Club Deportivo Lugo para visitar ao Real Zaragoza mañá sábado en La Romareda a partir das 18 horas. Ademáis, “Josete” Malagón, Sergio Gil e Jean Marie Dongou son altas con respecto á última xornada de Liga. Pola súa banda, Eduard Campabadal, Borja San Emeterio, Bernardo Cruz, Luis Ruiz, Juan Muñiz e Jona Mejía causan baixa. San Emeterio sofre unha “lesión aguda do complexo postero lateral do xeonllo dereito”, “precisa tratamento quirúrxico” cun “tempo de baixa non inferior a dous meses, que podería incrementarse segundo os achados na intervención quirúrxica”. Ademáis, Campabadal, que volveu competir en Copa do Rei trala lesión en decembro pasado, ten “sobrecarga”, pero “é normal”.

Javi López, adestrador do Club Deportivo Lugo, afirmou que deben “mellorar o traballo defensivo, tratar de minimizar os errores”. “Estamos no camiño”, adiantou, non sin antes explicar que “chegará o momento”. “Cremos no que estamos a facer”, reivindicou.

Opinou que na derrota da pasada xornada ante o Real Oviedo (0-2) “os derradeiros 15 minutos foron un desastre”.

Por outra banda, opinou que na plantilla hai unha “igualdade bastante grande entre todos”.

 

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here