InicioDeportesO Sarriana, o Lemos e o Pol, favoritos para a nova edición...

O Sarriana, o Lemos e o Pol, favoritos para a nova edición da Copa Deputación

A competición arrancará o próximo 17 de maio coa fase previa das diferentes categorías.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Deportes Efrén Castro presentou esta tarde no Pazo de San Marcos a XXXVIII Copa Deputación de Fútbol nas categorías senior, na que participarán 76 equipos de Liga Galega 1a e 2a División Feminina, Preferente Autonómica Masculina, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica Masculina.

Na categoría de Preferente Autonómica e Primeira Autonómica parten como principais favoritos a Sarriana, o Lemos e o Pol. Os dous primeiros, que compiten na Preferente Norte, xogarán a fase de ascenso a Terceira División mentras que o Pol, aínda que compite unha categoría por debaixo, fixo un gran esforzo económico para acadar o ascenso a Preferente.

Mentras, na Copa que xogarán os equipos de Segunda e Terceira Autonómica parten como favoritos o San Ciprian, o Meira e o Cospeito. Ambos equipos están empatados a puntos na fase de ascenso a Primeira Autonómica.

A competición, que arrancará o 17 de maio, ofrece aos equipos a posibilidade de participaren nunha competición de ámbito provincial, ao tempo que supón unha inxección económica para os clubs xa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo concederá premios aos conxuntos participantes, en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 385 e 450 euros por eliminatoria xogada como
visitante e 450 e 600 por eliminatoria xogada como local, segundo as categorías).

Efrén Castro sinalou que “o patrocinio desta competición responde ao compromiso da
Vicepresidencia da Deputación co tecido deportivo, ao que se ofrece apoio económico con
distintas liñas de axuda e tamén oportunidades para competir e seguir formando aos xogadores e xogadoras” e lembrou que “ao longo do ano se celebran tamén competicións de ámbito provincial noutras disciplinas como o baloncesto, o atletismo ou piraguismo con ese mesmo obxectivo”.

O deputado de Deportes sinalou tamén “que a incidencia social dun deporte como o fútbol, que conta con moitas persoas afeccionadas, converte tamén esta competición nunha oportunidade para a dinamización das localidades que acollen os partidos”.

No acto de presentación, no que participou o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Carlos Méndez e o delegado en Lugo Manolo Vilachá e que contou coa presenza de persoal directivo de medio cento de clubs, realizouse o sorteo para definir os emparellamentos nas distintas categorías.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...