O Club Deportivo Lugo recupera sensacións e avanza na Copa (2-3)

Os lucenses superaron ao Albacete Balompié grazas aos goles de José Carlos Lazo, Chus Herrero en propia porta e unha obra de arte de Juan Muñiz nun partido no que Eduard Campabadal reapareceu trala lesión en decembro pasado e provocou a falta que deu lugar ao 1-3 provisional de Muñiz

Sergio Gil, que xogou a un nivel notable, portou o brazalete de capitán en Albacete. Foto de cdlugo.com

O Club Deportivo Lugo venceu como visitante ao Albacete Balompié (2-3) na segunda rolda de Copa do Rei. Os lucenses adiantáronse cedo, no minuto dous, grazas a un balón longo de Giorgi Aburjania, os dous centrais locais dubidan, o porteiro local José Antonio Caro queda a media saída, o dianteiro albivermello Jean Marie Dongou asiste a José Carlos Lazo, totalmente liberado, marca a portería baleira. No entanto, no minuto dez empataba o Albacete despois dun erro de Ramón Azeez na saída de balón, Eugeni Valvederrama asiste a Alfredo Ortuño, quen finta, Alberto Varo, porteiro hoxe do Lugo véncese e o dianteiro local marcou colocado coa súa perna dereita. Pouco despois, Eugeni Valderrama buscou o 2-1 con tres ocasións prácticamente consecutivas: nas dúas primeiras remataba el e, xa na terceira opción, asistía a Nico Gorosito, quen finalizou excesivamente cruzado. A velocidade do extremo esquerdo local Paulo Vitor aportaba profundidade ao equipo adestrado por Luis Miguel Ramis. Así, no minuto 24, Vitor asistía ao central Álvaro Tejero, cedido polo Real Madrid e reconvertido en lateral esquerdo, que remata e paraba Alberto Varo. No minuto 32, centro de Tejero, Alfredo Ortuño realiza unha maniobra dentro do área, dispara á media volta e Varo desvía a saque de esquina. No minuto 34, desprazamento en longo de Ramón Azeez, control veloz de Juan Muñiz, que centraba colocado para Jean Marie Dongou, pero o central local Chus Herrero marcaba en propia portería o 1-2. O Lugo comezou aí a dominar a posesión ata o descanso.

Na segunda metade, volveu a competir o lateral dereito albivermello Eduard Campabadal, que reaparecía trala lesión en decembro pasado. Dende o primeiro intre, competiu con solidez e intensidade, defendendo con ahínco a Paulo Vitor. Foi o propio Campabadal quen provocaba unha falta na media lúa do área e Juan Muñiz facía o resto para asinar unha obra de arte nunha falta directa para marcar o 1-3. Corría o minuto 61. Xa no minuto 93, Rey Manaj marcaba o 2-3.

O sorteo da terceira rolda da Copa do Rei celebrarase hoxe ás doce do mediodía na Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here