O pívot Felipe dos Anjos reforza ao C.B. Breogán na pretemporada

O xogador brasileiro, de 20 anos e 2.18 metros de estatura, chega cedido polo Real Madrid "para participar na pretemporada" e "traballar co equipo celeste"

Felipe dos Anjos, co Real Madrid júnior.

O pívot brasileiro Felipe dos Anjos de Paula reforzará ao Club Baloncesto Breogán cedido polo Real Madrid “para traballar co equipo celeste” e “participar na pretemporada”.

O xogador, de 20 anos e 2.18 metros de estatura, xa pasou o recoñecemento médico. Formado no Real Madrid dende 2012, en etapa cadete. En 2016, foi nomeado MVP do Torneo de L´Hospitalet co Real Madrid.

A pasada tempada, competiu catro partidos co Club Baloncesto San Pablo Burgos na Liga ACB aportando 6 puntos, 5 rebotes e 1 tapón en total nos catro encontros. 

Na campaña 2016-17, defendeu as cores de Oviedo Club Baloncesto en LEB Ouro promediando 8.4 puntos, 6 rebotes e 1 tapón en 20 minutos e 29 segundos de xogo por partido. Foi campión da Copa Princesa en 2017.

En 2016, participou no Basketball Without Borders no All-Star Weekend da NBA en Toronto. Un ano despois, disputou o Nike Hoop Summit coa selección internacional.

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here