O Maquinaria Durán Ensino renova á capitá Rocío Varela

A ala-pívot lucense cumprirá a súa undécima tempada no club, onde ingresou con 14 anos

Rocío Varela. Foto de ensinolugo.com

O Durán Maquinaria Ensino Lugo, que militará a vindeira tempada na Liga Día, máxima categoría do baloncesto español, confirmou a renovación da ala-pívot lucense Rocío Varela, capitá do primeiro equipo. Varela, de 25 anos e 1.86 metros de estatura, cumprirá a súa undécima tempada no club, onde ingresou con 14 anos. Ademáis de xogar no primeiro equipo, coordina as escolas deportivas do club e desenvolve actividades vacacionais, torneos e campus. Neste vindeira tempada, anuncia o club, “compatibilizará o equipo de Liga Día co sénior autonómico”.

Segundo o Ensino, Rocío Varela está “sempre comprometida, os seus números nos últimos anos axudaron ao equipo a acadar os diferentes obxectivos” e “sacrificada á hora de compatibilizar diferentes obxectivos, segundo as necesidades do equipo”. A nivel deportivo, subliñan o “gran coñecemento do xogo, a súa capacidade de pase e habilidade no rebote”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here