O Club Baloncesto Breogán ficha ao aleiro Tarence Kinsey, ex NBA e ex Euroliga

O exterior estadounidense competiu na NBA con Memphis Grizzlies e Cleveland Cavaliers, así como realizou unha pretempada con Golden State Warriors

Tarence Kinsey na súa etapa en Memphis Grizzlies, na NBA.

O Club Baloncesto Breogán confirmou a contratación do aleiro estadounidense Tarence Kinsey, que procede do Hapoel Jerusalem israelí onde xogou as dúas últimas tempadas promediando 12 puntos na liga israelí pasada e 8 puntos en Eurocup. Foi campión de liga en 2017. O xogador, de 34 anos e 2.00 metros de estatura, formouse na universidade de South Carolina.

Kinsey competiu na NBA nos Memphis Grizzlies (2006-2008) e Cleveland Cavaliers (2008-2009). Tamén realizou a pretempada con Golden State Warriors en 2012. Disputou 109 partidos na NBA. Promediou 7,7 puntos en Memphis Grizzlies na tempada 2006-2007 sendo compañeiro de Pau Gasol e foi elixido novato do mes de abril de 2007 na conferencia oeste. Foi compañeiro de LeBron James en Cleveland. 

Na súa carreira europea, defendeu as cores de Fenerbahçe Ülker, Anadolu Efes, Scavolini Pesaro, Unicaja Málaga, Partizán de Belgrado, BC Nizhni Nóvgorod, Trabzonspor Basketbol, Estrella Roja de Belgrado e citado. Hapoel Jerusalem B.C. Competiu en Euroliga con Fenerbahçe, Efes, Partizán, Nizhni Nóvgorod e Estrella Roja. Xogou 94 partidos en Euroliga con 10,9 puntos de media por partido en sete tempadas na máxima competición continental. 

Con Fenerbahçe, foi campión de Copa en 2010 e 2011, campión de Liga en 2008, 2010 e 2011 e campión da Supercopa en 2008. Foi campión da Liga israelí en 2017 con Hapoel Jerusalem.

Na súa etapa ACB con Unicaja Málaga en 2013, promediou 2.2 puntos, 3.2 rebotes, 1.4 recuperacións e 0.6 asistencias en 15 minutos de xogo de media en 5 partidos.

O Breogán confirmou oito fichaxes: o base-escolta Aleksandar Cvetkovic, o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, o citado aleiro Tarence Kinsey, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Cvetkovic, Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, o novo segundo adestrador é Óscar Lata. e o terceiro técnico é, por segunda tempada consecutiva, Pablo Abuín.

O Club Baloncesto Breogán recibirá no Pazo dos Deportes de Lugo ao Club Joventut de Badalona na primeira xornada da Liga ACB 2018-2019, que está prevista entre o xoves 27 e o domingo 30 de setembro. 

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here