InicioDeportesJavi López: "O equipo encantoume"

Javi López: “O equipo encantoume”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa despois da derrota lucense contra o Málaga C.F. (1-2).

López afirmou que o equipo xogou “unha moi, moi boa primeira parte e a segunda foi máis igualada, máis competida“. “O equipo encantoume”, asegurou. Subliñou que houbo unha “acción importante” na ocasión de Cristian Herrera e Juan Muñiz para o posible 2-0 no minuto 53. “Non merecimos para nada perder“, resumiu o adestrador barcelonés. Considera que “en xogo” estiveron “moi ben”, traballaron “moi ben en defensa” e as ocasións do Málaga, segundo el, foron “case todas a balón parado”, onde teñen “xente moi corpulenta, moi grande, dominan esa faceta” e gustaríalle ser “máis resolutivo”.

López confirmou que Jona Mejía e Carlos Pita foron sustituidos por “problemas físicos“.

O mediocentro Ramón Azeez non foi convocado. “É un caso especial. Os que estaban eran os que tiñan que estar“, contestou. Azeez chegou unha semana tarde á pretempada e, ademáis, podería ser traspasado.

Por último, lembrou que o Lugo é un equipo que acostuma a “ter ao porteiro como alguén máis que xoga cos pés”.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...