O Málaga C.F. remontou no epílogo a un Club Deportivo Lugo (1-2) moi dominador no primeiro tercio

Dous goles de Juankar Pérez e Alfred N´Diaye nos minutos 86 e 89 dan os tres puntos ao equipo malacitano

Cristian Herrera remata para marcar o 1-0. Foto de LaLiga.es

O Club Deportivo Lugo perdeu na primeira xornada de La Liga 1|2|3 fronte ao Málaga C.F. (1-2) pese a dominar claramente os primeiros 35-40 minutos. Os albivermellos adiantáronse cedo, no minuto 5, ao aproveitar Cristian Herrera con clase e velocidade ao primeiro toque un erro na iniciación de xogada, onde os visitantes sufriron moito ao longo do partido, do Málaga C.F. nas botas de Javier Ontiveros. Herrera definiu con calidade para superar ao porteiro visitante Munir Mohand, porteiro de Marrocos no pasado Mundial. O Lugo impúxose claramente na posesión na primeira metade xogando con fluidez, aínda que sen excesiva profundidade. No minuto 10, o Málaga creou a súa primeira ocasión de perigo cun remate desviado a cargo de Renato Santos despois dun centro de Federico Ricca dende banda esquerda. O conxunto adestrado por Juan Ramón López Muñiz foi mellorando no último treito da primeira metade. Así, no minuto 33, Ricca cabeceou fóra un centro de Javier Ontiveros tras un saque de esquina. No minuto 43, dúas ocasións consecutivas do Málaga dende o curruncho con remates de Adrián González e Luis Hernández.

Na segunda metade, o Málaga mellorou. No minuto 50, cabezazo fóra de Adrián despois dun centro de José Luis “Recio”. No minuto 54, Cristian Herrera estivo a piques de marcar o 2-0 nun novo erro de Málaga na saída de balón. Herrera non consegue rematar con contundencia e, despois dun novo erro defensivo do Málaga, Juan Muñiz remata e Munir Mohand parou en dous tempos. Os malacitanos comezaron a ter máis o balón e seguían creando perigo a balón parado. No minuto 62, remate lonxano e alto de Renato Santos con obxectivo de rematar xogada e evitar contragolpe. A verticalidade de Juankar Pérez, que entrou nos primeiros intres da segunda metade, foi a principal ferramenta do Málaga na segunda metade. No minuto 72, xogada invidual de Jack Harper, que centra e desvía Juan Carlos Martín, porteiro do Lugo. Acto seguido, crean perigo novamente no saque de esquina. No minuto 79, positiva xogada de Serge Leuko por banda dereita, centra e o remate de Antonio Campillo, que entrara no minuto 58, remata alto de cabezazo. No último treito, a remontada do Málaga. 1-1 no minuto 86 despois dun centro de Hicham Boussefiane e Juankar Pérez define con suspense case na liña de gol. Tres minutos despois, o 1-2 cun cabezazo fermoso de Alfred N´Diaye a centro de Luis Hernández. 

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here