InicioDeportesMaría Rodríguez Sanjurjo incorpórase ao Club Voleibol Emevé

María Rodríguez Sanjurjo incorpórase ao Club Voleibol Emevé

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé Lugo anunciou a fichaxe da colocadora monfortina María Rodríguez Sanjurjo, de 17 anos. É unha xogadora polivalente aínda en idade xuvenil.

É internacional coas categorías inferiores da selección española.

Segundo o club, “reforzará a colocación no conxunto xuvenil así como no sénior” e subliña a súa “gran experiencia estando en idade xuvenil aínda”.

Hoxe en día, o Emevé conta en plantilla coa central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá, a aposta Julia Paradela, a colocadora Ivelina Avramova, a receptora Tea Andric´, a líbero Paula Lorenzo e a citada colocadora María Rodríguez Sanjurjo. Anllelivis Caballero, Ivelina Avramova, Tea Andric´e a propia María Rodríguez Sanjurjo son as catro fichaxes polo do momento.

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...